DATA

“Without data you’re just another person with an opinion”

Axudamos a transformar a cultura empresarial e a consolidar os cambios da transformación dixital

Dende a Área de Datos realizamos unha revisión 360º da estratexia e procesos de negocio actuais e axudamos a redefinir os obxectivos, KPI e o roadmap de evolución cara a procesos dirixidos polo dato. Axudamos os equipos directivos a transformar a cultura empresarial e a consolidar os cambios da transformación dixital. Utilizando analítica avanzada, modelización predictiva e ferramentas de visualización atractivas, poñemos en valor os datos para dirixir a toma de decisións. Contamos cun equipo con perfís expertos: Data Architects, Data Engineers, Data Scientist, Data Analyst, Business Analyst, etc.

SERVIZOS

CONSULTORÍA BIG DATA & BI

Coa consultoría asegurámonos de que os pasos tecnolóxicos que deamos estean aliñados cos obxectivos empresariais dos nosos clientes, co fin de establecer un sistema de toma de decisións baseado na información.

BIG DATA, CLOUD & STREAMING DATOS

Definimos e implementamos plataformas de procesamento e análises masivas de datos utilizando solucións de Big Data, integrando tanto procesos que se executan en lotes como procesos integrados en sistemas de publicación/subscrición que permiten procesar os datos no momento no que estes se xeran.

DATA SCIENCE

Analizamos os datos e o negocio para orientalo cara a un modelo máis eficiente, baseándonos en algoritmos de predición e machine learning. Tratamos e obtemos valor do dato, establecendo sistemas flexibles para a súa explotación polos diferentes sistemas de información da compañía.

INTEGRACIÓN

Tratamos, unificamos e integramos os diferentes sistemas da organización para facilitar unha visión conxunta do negocio, sen barreiras técnicas e/ou tecnolóxicas. Para iso modélanse e constrúense sistemas baseados en Datawarehousing ou en Datalakes, dependendo das necesidades analíticas da organización.

ANALÍTICA VISUAL

Optimizamos a interpretación de datos en tempo real. Proxectamos unha visualización do universo da túa empresa, para facilitar a comprensión dunha cantidade inxente de información.

DATA DRIVEN MANAGEMENT

Garantimos unha transformación dixital rápida, fiable e segura. Realizamos implantacións e asesoramento do proxecto para reducir riscos asegurando unha transformación e un traspaso de datos eficiente.

TECNOLOXÍAS