DESENVOLVEMENTO, DELIVERY E HYPERAUTOMATION

"O aspecto máis importante no desenvolvemento de software é ter claro que estás tratando de construír"

Bjarne Stroustrup

Acompañamos os nosos clientes na creación de solucións e produtos dixitais.

Levamos máis de 20 anos utilizando as últimas tecnoloxías, ferramentas e metodoloxías. Os nosos equipos incorporan especialistas en distintas áreas, reunindo todas as capacidades e coñecementos que require cada tipo de proxecto. Caracterízanos o compromiso coa calidade, a flexibilidade e a excelencia técnica. Gústanos implicarnos cos nosos clientes e traballar de forma honesta e comprometida.

SERVIZOS

ARQUITECTURA E DESENVOLVEMENTO BACKEND

Definimos arquitecturas en ámbitos complexos e con amplas necesidades de escalado.

Especialistas en migracións de arquitecturas monolíticas a novas arquitecturas de microservizos ou Hexagonais. Temos capacidade de desenvolvemento backend en distintas tecnoloxías (Java, .NET, Node, etc.)

  • Participación no ciclo de vida completo da solución, desde o deseño e arquitectura a implementación e desenvolvemento
  • Apificación
  • Desenvolvemento backend

MOBILIDADE

Desenvolvemento de Apps nativas e híbridas para diversos sectores (banca, seguros, retail, industria, turismo…) con iOS, Android e co estado da arte das tecnoloxías actuais (Swift, Kotlin…).
Capacidade para definir arquitecturas, deseño, desenvolvemento e probas. Experiencia en integración con hardware, uso intensivo do dispositivo, etc.

  • Deseño e UX
  • Desenvolvemento
  • Mantemento
  • Testing

DESENVOLVEMENTO FRONT

Equipo especializado no desenvolvemento de frontais SPA (Angular, React e VUE), con experiencia en proxectos complexos e con tráfico elevado.

  • Arquitectura Front
  • Desenvolvemento en Angular, React e VUE
  • Microfrontais
  • QA automatizado

PORTAIS E INTRANETS

Temos ampla experiencia no deseño, desenvolvemento e mantemento de portais.

Contamos cun equipo multidisciplinar con capacidade de ofrecer, ademais dos servizos marcados a continuación, solucións de valor adicional: Contido, SEO, UX/UI, Márketing Online, etc.

  • Deseño e UX
  • Desenvolvemento
  • Mantemento
  • Contidos

HYPERAUTOMATION

Acompañamos os nosos clientes na transformación dixital dos seus procesos de negocio. Contamos cunha metodoloxía propia que, sumada ás mellores prácticas, nos permite axudar os nosos clientes no camiño cara á hiperautomatización, identificando aqueles procesos de valor (estratéxicos, tácticos e operativos) que son susceptibles de automatización e as tecnoloxías habilitadoras para conseguilo.

Traballamos coas principais ferramentas de automatización, axudando os nosos clientes a escoller a mellor en función das súas necesidades e do nivel de madureza en canto a orientación a procesos.

  • Consultoría
  • Arquitectura
  • Implantación
  • Formación
  • Goberno

BPM, CASE MANAGEMENT E LOW CODE

Desde Plexus Tech axudamos os nosos clientes na Transformación Dixital dos seus procesos para mellorar a eficiencia destes, o seguimento e control das operacións e procesos de negocio e a redución de custos operativos.

Contamos con experiencia na realización de proxectos en distintos sectores e traballamos coas principais plataformas de BPM, Case Management e Low Code.

  • Process mining
  • Levantamento de procesos
  • Deseño
  • Arquitectura
  • Implantación

CORE ASEGURADOR

Contamos cun equipo certificado en SISNET, con perfís de arquitectura, desenvolvemento e funcional. Experiencia na implantación de novos produtos, migración de datos, operación e mantemento.

  • Implantación de Sisnet
  • Desenvolvemento
  • Migración
  • Mantemento

QA

Fornecemos servizos de QA manuais e automatizados, e apoiamos os nosos clientes á hora de definir metodoloxías, uso de ferramentas e fluxos de desenvolvemento.

  • Testing Manual
  • Testing Automático
  • Testing Agile
  • Testing de Aplicacións Móbiles

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Achegamos coñecemento e experiencia na aplicación de rexistros. NextBPM é a ferramenta coa que poderás realizar proxectos á medida de xestión documental electrónica dunha forma sinxela e de última xeración para calquera tipo de organismo.

  • Consultoría procedementos
  • Implantación
  • Desenvolvemento
  • Mantemento

TECNOLOXÍAS