O teu proxecto.

O teu talento.

O teu futuro.

O teu TFG
podería ser só
o comezo.

Plexus Tech e a Escola de Enxeñaría da USC puxeron en marcha o Premio ExcelencIA para recoñecer o mellor Traballo de Fin de Grao do programa de estudos en Intelixencia Artificial. O noso obxectivo é fomentar o desenvolvemento do alumnado, visibilizar traballos académicos de alta calidade e promover a excelencia entre quen dá os seus primeiros pasos nun dos eidos máis prometedores da actualidade.

  • Requisitos: Estudantes do Grao en Intelixencia Artificial da USC que defendesen con éxito o seu Traballo de Fin de Grao (TFG) durante o curso académico 2025-2026, en calquera das convocatorias.
  • Premio: 1.500 €.
  • Prazo: 30 de novembro de 2026.
  • Como participar: Cubrir o formulario desta páxina e achegar a documentación especificada nas bases.
CONSULTA AS NORMAS

    Sube un único ficheiro. Se precisas enviar varios documentos, comprímeos nun único ficheiro ZIP.



    Consulta as bases da convocatoria
    Ver a política de privacidade