Home | Portfolio | Anblick, carteis dixitais multiplataforma e dixital signage

Anblick, carteis dixitais multiplataforma

ANBLICK é o sistema de Digital Signage desenvolvido por Plexus Tech. Trátase dunha avanzada solución multiplataforma, que permite a xestión de calquera tipo de pantalla ou display e a reprodución de múltiples contidos de forma visual e sorprendente.

Os sistemas de Digital Signage permiten substituír os carteis estáticos e os sistemas de sinalización tradicionais, achegando a posibilidade de combinar mensaxes de márketing con outro tipo de informacións:

  • Quendas.
  • Mensaxes de márketing.
  • Noticias.
  • Avisos de seguridade.
  • Información corporativa.

“En Plexus Tech emitimos contido en máis de 10.000 pantallas a través do noso sistema de sinalización dixital Anblick”

Cecilia Hernández,Xerente de operacións
Dashboard de anblick

Interface web sinxela

  • Solución amigable e de uso sinxelo.
  • Doadamente personalizable.
  • Adaptable ás necesidades de calquera organización.

Unha solución escalable e personalizable

Anblick é unha solución altamente escalable e optimizada para o seu uso en grandes redes ou a través de internet cun elevado número de players.

Permite reproducir contidos multimedia de forma visual e sorprendente; ademais de xestión centralizada de accesos, consumo de enerxía e de rede das pantallas. Doadamente personalizable, adáptase ás necesidades de calquera organización. E a diversos tipos de pantallas ou displays.