Utiliza o televisor como unha extensión do teléfono do cliente

A nosa solución de casting permítelle ao usuario visualizar os contidos do seu dispositivo directamente na pantalla do cuarto.

Plexocast

Doado de utilizar

Simplemente debe conectarse á rede wifi e capturar o código QR que se mostra na pantalla do seu cuarto.

Os produtos especializados en Hospitality de Plexus Tech potencian a conexión co cliente e garanten unha estancia máis cómoda, segura e personalizada. Máis de 80 hoteis en todo o mundo confían xa nestas solucións que transforman a experiencia do cliente.