A característica multicanle do sistema de Quenda simplifica o proceso de solicitude de cita para todas as xestións que teña que realizar a persoa usuaria.
CITA WEB
A solución permite obter cita de xeito autónomo a través dunha web accesible para o usuario en todos os dispositivos (PC, tableta e móbil)
DISPOSITIVO MÓBIL
Ademais a través do teléfono pode obter a súa cita e realizar a confirmación podendo facer a espera de maneira non presencial para evitar aglomeracións.
IVR
A solución permite solicitar cita por teléfono a través dunha central automática que lle permite ao usuario solicitar, modificar ou cancelar as súas citas.
TELEFÓNICO E PRESENCIAL
O usuario, ademais, pode solicitar a cita tanto por teléfono como de xeito presencial a un axente, tendo este un interface rápido e sinxelo para outorgarlle a cita ao cidadán.