Xestión de pacientes en centros hospitalarios a nivel nacional e internacional.

Solución desenvolvida por Plexus Tech para optimizar e mellorar os servizos de atención sanitaria, recepción e circulación de pacientes nos centros hospitalarios ou sanitarios. A solución Quenda Medic intégrase coas plataformas de xestión de pacientes e HCE existentes no mercado e achega ferramentas de traballo para a xestión das esperas nas salas de espera de todos os ámbitos sanitarios.

Incorpora funcionalidades como a identificación dos pacientes por tarxetas, códigos de barras, DNI, encamiñamento ás salas de espera, xestión polos facultativos do movemento do paciente, obtención de xustificantes de asistencia e explotación estatística da información de esperas por parte dos servizos médicos.

Mapa da presenza de Quenda Medic a nivel nacional e internacional.

Referencias onde está implementado Quenda Medic

A solución de Plexus Tech implementouse en centros hospitalarios en gran parte da península ibérica, tanto en instalacións sanitarias de ámbito público como en centros hospitalarios privados. Ademais de sistemas internacionais como o Sistema de Saúde Británico (NHS).

Foto de María Díaz

"Con Quenda Medic xestionamos a espera e a atención en máis de 150 hospitais"
María Díaz, Xerente da Área de Desenvolvemento.