Cubrindo todo o ciclo de vida do consentimento informado

Actualmente moitos centros hospitalarios, ao non dispoñer dun sistema de xestión de consentimentos informados, atópanse con diversos problemas: localizar o documento, vencementos de prazos e vixencias, defectos de forma, etc.

Con CINFO preténdese solucionar este problema, cubrindo todo o ciclo de vida do consentimento informado:

Xeración, firma e aceptación ou rexeitamento dos consentimentos informados, recuperación e almacenado electrónico.

Recepción e arquivo dos documentos nun repositorio propio do sistema, na HCE do paciente ou un sistema de xestión documental corporativo.

Integración con outros sistemas para informar da existencia do CI e a súa situación administrativa.

Consentimento informado

Consentimento informado é “a conformidade libre, voluntaria e consciente dun paciente, manifestada en pleno uso das súas facultades despois de recibir a información adecuada, para que teña lugar unha actuación que afecta á súa saúde”. Así queda definido no art. 3º da Lei 41/2002 do 14 de novembro, que regula a autonomía do paciente e os dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica.

CINFO…

Xestiona os documentos durante todo o ciclo de vida destes. Confección, Emisión, Rexistro, Almacenamento, Recuperación e Xestión.

É parametrizable: Permite a parametrización de múltiples variables do sistema, como tempos de caducidade, activar ou desactivar sincronizacións con outros sistemas, establecer rutas de conexión con outros sistemas, etc.

Permite a trazabilidade e auditoría de todas as operacións que se realizan no sistema e de todos os documentos, permitindo visualizalos e coñecer o seu estado en todo momento.

Un sistema integrado e completo

Integración coa historia clínica electrónica, LDAP e Cas Server corporativos, Xestores Documentais corporativos, etc.

Diferentes opcións para a sinatura de documentos, Certificado electrónico, sinatura biométrica, OTP SMS, OTP Mail. O que permite asinar tanto de forma presencial como non presencial utilizando plataformas de sinatura biométrica líderes no mercado (VIAFIRMA).

Control de prazos e vixencias para a aceptación por parte do Paciente, invalidando o documento unha vez cumprido o prazo establecido.

Informes e estatísticas para a explotación de información xestionada polo sistema ou a exportación a sistemas corporativos de BI.

Dispón de ferramentas que permiten localizar doadamente un documento no sistema, localizar un persoal de consentimento e coñecer o estado de cada trámite, así como, visualizar diferentes documentos ordenados ou filtrados por diferentes criterios seleccionados polo usuario.

Sistema de Alertas parametrizable para avisos do sistema. Xéranse cando un usuario realiza unha acción no sistema ou cando se produce algún evento que se queira rexistrar.