Coñecer a experiencia é fundamental para mellorar a calidade dos servizos prestados

As enquisas de satisfacción son unha ferramenta fundamental en todos os procesos de calidade e ciclos de mellora continua porque permiten coñecer o grao de satisfacción das persoas cos nosos servizos ou produtos.

Desde Plexus Tech dispoñemos dun módulo de enquisas orientadas ás persoas usuarias dos servizos que pode funcionar como complemento ao cadro de mandos do sistema Quenda Cloud para medir a calidade da atención recibida e o nivel de satisfacción do público co servizo.

Optimiza a experiencia de cliente. Identifica áreas de mellora. Diagnostica puntos críticos.

Sinxelo, práctico e sistemático

e-Valúa é unha plataforma integrada para avaliar o grao de satisfacción dos clientes, por exemplo:

  • Calidade das instalacións
  • Atención recibida
  • Tempos de espera

A eficiencia deste módulo débese a que permite recompilar información e valoracións respecto dos servizos fornecidos dunha forma sinxela, práctica e sistemática, directamente das persoas implicadas no proceso de atención.

Isto facilita a identificación de puntos de mellora que se poden implementar no proceso de atención. Ademais, achega a posibilidade de coñecer as fortalezas e debilidades dos servizos e a atención que se ofrece.

Solución integrable e áxil

Poder interactuar de forma áxil é fundamental para xerar confianza entre as persoas enquisadas. E-valúa permite esta axilidade mediante a integración con dispositivos e ferramentas de interacción directa, como tabletas, sistemas de videochamada, SMS, correo electrónico…

A interacción coas persoas usuarias dos servizos realízase mediante unha enquisa que se lanza inmediatamente e conta con diferentes modalidades de resposta:

  • Resposta Si/Non.
  • Puntuación (estrelas ou similar).
  • Selección entre varias opcións posibles.
  • Introdución de texto.

Integrable con Quenda

Integrable con Anblick ®

para visualización de gráficas

Enquisas multicanles para a recompilación de datos

Un cadro de mandos baseado en BI